Get Directions
O vindeiro 7 de marzo Oracle e a Universidade da Coruña organizan, na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, unha xornada formativa de especial relevancia, enmarcada na conmemoración do Día Internacional da Muller (8 de marzo), orientada a promover a igualdade de xénero no ámbito científico e tecnolóxico e a visibilizar o compromiso da Universidade da Coruña e de Oracle coa formación, a innovación e a igualdade de oportunidades. A iniciativa, dirixida a nenas, ten como obxectivo principal espertar vocacións no eido STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), fomentar o interese polos estudos universitarios e dar a coñecer o papel da Universidade da Coruña como contorna académica de referencia para o desenvolvemento do talento feminino. Así mesmo, pretende poñer en valor as oportunidades profesionais existentes no sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, un ámbito estratéxico no que a presenza das mulleres continúa a ser claramente insuficiente. Mediante a realización de obradoiros prácticos centrados en áreas clave como a programación, a robótica, a intelixencia artificial e outras tecnoloxías emerxentes, a xornada busca inspirar, motivar e empoderar ás novas xeracións, salientando a achega fundamental das mulleres á investigación, á innovación e á transformación dixital. De maneira complementaria, desenvolverase charlas informativas dirixidas ás nais e pais das participantes, orientadas a facilitar información sobre as posibilidades formativas e profesionais no ámbito STEM e sobre a oferta académica da propia Universidade da Coruña. Información de inscrición: A capacidade máxima é de 160 nenas, con 40 prazas por rango de idade. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Axenda nenas: 10:30 h – Benvida e asignación de grupos 11:00–12:00 h – Primeiro obradoiro por rutas 12:00–12:30 h – Descanso (con almorzo) 12:30–13:30 h – Segundo obradoiro por rutas 13:30 h – Peche institucional- Diplomas A actividade conta coa colaboración de entidades firmemente comprometidas coa promoción da igualdade de xénero, coa excelencia académica e co impulso do talento feminino no eido STEM. Charlas informativas nais e pais: 11:00 · Muller, Ciencia e Intelixencia Artificial. Poñente: Verónica Bolón Canedo · Profesora Titular UDC e Directora Cátedra UDC-INDITEX de IA en Algoritmos Verdes. Resumo: Nesta charla abordarase a importancia de fomentar as vocacións STEM nas nenas, visibilizando referentes femininos na ciencia e a tecnoloxía ao longo da historia. Explicarase de forma accesible que é a intelixencia artificial e como funciona, e analizaranse as causas da actual brecha de xénero nas profesións científico-tecnolóxicas. O obxectivo é motivar ás familias para apoiar o interese das súas fillas polas disciplinas STEM. 11:30 · Tecnoloxía sen mulleres, futuro incompleto. Poñente: Gema Vázquez Domínguez · Coordinadora da área de Enxeñaría de Software en ALDABA Resumo: A fenda de xénero nas titulacións TIC responde a barreiras estruturais como estereotipos, ausencia de referentes e contornas pouco inclusivas. Esta exclusión provoca tecnoloxía nesgada, perda de talento e un sector que deseña o futuro sen representar á metade da sociedade. Incorporar as mulleres nas TIC é unha necesidade estratéxica. 13:00 · Entra no futuro: estuda STEM na Universidade da Coruña Poñente: Paula María Castro Castro · Profesora Titular e adxunta de Empregabilidade UDC. Resumo: No marco do programa Embaixada UDC, presentarase información sobre as titulacións STEM, as súas saídas profesionais e o acompañamento ás futuras estudantes na súa elección académica, reforzando o compromiso da UDC coa igualdade de oportunidades e o futuro profesional das mozas. COLABORA
Idade: 4 a 6 anos Campo STEM: Pensamento computacional e recoñecemento de patróns Neste obradoiro, as nenas explorarán os fundamentos do pensamento lóxico a través do xogo construtivo, empregando LEGO Classic como ferramenta educativa. Este material permite traballar unha ampla variedade de conceptos ao tempo que se fomenta a creatividade e a imaxinación. Durante a sesión, as participantes crearán patróns, secuencias e figuras simétricas mediante o xogo con bloques, desenvolvendo a abstracción, a visión espacial e a motricidade, mentres comprenden de maneira práctica conceptos matemáticos básicos como secuencia, patrón e simetría. A actividade é introdotoria e accesible, guiada pola curiosidade e a experimentación, de xeito semellante a como unha intelixencia artificial aprende a recoñecer patróns a partir de exemplos visuais.
Idade: 7 a 9 anos Campo STEM: Robótica educativa, simulación e análise de datos Neste obradoiro, as nenas converteranse en enxeñeiras por un día, empregando LEGO WeDo para construír e dar vida a un simulador de terremotos. A través dun sistema sinxelo de programación visual, aprenderán a controlar o movemento e a provocar “sismos” de distinta intensidade, descubrindo de maneira práctica como a tecnoloxía permite simular fenómenos naturais do mundo real. Despois chegará o momento do reto: deseñar e construír estruturas capaces de resistir o terremoto. Probando, mellorando e intentándoo as veces necesarias, as participantes aprenderán por que algunhas construcións son máis estables ca outras, desenvolvendo curiosidade, pensamento crítico e confianza nas súas propias ideas.
Edad: 10 a 12 anos Campo STEM: Programación, pensamento computacional e creatividade dixital Neste obradoiro, as nenas iniciaranse na programación de videoxogos utilizando MakeCode Arcade, unha ferramenta web que combina a programación por bloques cun editor de imaxes pixel-art e sons, permitindo crear videoxogos e proxecto audiovisuais dun xeito intuitivo. O obradoiro introduce conceptos fundamentais da programación mentres as participantes crean un videoxogo sinxelo no que a persoa xogadora move a masa dunha pizza para coller ingredientes que caen dende a parte superior e esquivar todos os elementos que non son axeitados para a elaboración da pizza. Mentres xogan e crean, aprenderán conceptos clave como eventos, regras, condicións e lóxica, descubrindo que programar é unha forma creativa de resolver retos e dar vida ás súas ideas. Nota: No obradoiro Código Pizza: Deseña o teu primeiro videoxogo, as participantes poderán levar para a casa o videoxogo que desenvolvan durante a sesión. Aínda que non é obrigatorio, recoméndase que traian unha memoria USB para gardar o seu proxecto e poder continuar traballando nel posteriormente desde a casa.. .
Idade: 13 a 16 anos Campo STEM: Enxeñaría, física aplicada e deseño tecnolóxico Neste obradoiro poñeraste na pel dunha enxeñeira de verdade. Traballarás con LEGO Technic, un sistema de construción avanzado que che permitirá crear estruturas funcionais, empregando vigas, eixes e engrenaxes como as que se utilizan en proxectos de enxeñaría do mundo real. Primeiro aprenderás a construír estruturas sólidas e estables, entendendo como inflúen a forma, o equilibrio e os reforzos na súa resistencia. Despois chegará o reto: deseñar e construír unha ponte móbil que cumpra unha serie de requisitos técnicos. Terás que probar, mellorar e tomar decisións de deseño, como faría calquera enxeñeira. Un desafío práctico para poñer a proba a túa lóxica, a túa creatividade e a túa capacidade para resolver problemas.
share
Oracle is committed to promoting a corporate culture that is centered on integrity, accountability and ethical business conduct. Please click here for important ethics information regarding this activity.
STAY CONNECTED